Discografía

Discografía

Carmen Penim: Cantos de terra e sal (2020) ESTREA LIVE

Cantos de terra e sal é unha persoal versión de cantos tradicionais galegos. Recibiu o premio Opinión 2020 á mellor adaptación de peza tradicional pola canción “Aí vén o barco do mare”.

Carmen Penim: Herdeiras, muller, identidade, memoria. (2017)

Herdeiras, muller, identidade, memoria é un LIBRO-CD con curta de Margarita Ledo. Poemas de mulleres poetas e de Carmen e artigos de persoas estudosas da memoria histórica ou herdeiros e herdeiras de represaliados. Música de Carmen.

2naFronteira: Sons de Nós (2016)

Sons de nós foi un CD dedicado a poemas da revista Nós. No 2020 retomouse este traballo co concerto-exposición: “Arredor de Nós” para difundir a revista e as Irmandades da Fala entre a xuventude.

2naFronteira: Zapatiños para Díaz Castro (2014)

Zapatiños para Díaz Castro é un monográfico dedicado ao poeta Letras Galegas 2014. O repertorio con poetas Letras galegas de 2naFronteira é amplo.

2naFronteira: Alma. LIVE (2013)

Alma contén poemas de clásicos e contemporáneos galegos e galegas e o portugués Pessoa, musicados por2naFronteira en Italia. Foi o inicio dun traballo que continúa en torno á poesía en lingua galega e portuguesa.

2naFronteira: Humo en los ojos (2011, Italia).

Humo en los ojos é un disco con poemas de Carmen e clásicos en castelán. Contén os dous primeiros temas en galego (ver vídeo “A lavandeira”)