CANTOS DE TERRA E SAL

PRÓXIMAMENTE

Dende nena na casa da avoa paterna no Couto Misto, Carmen tivo a sorte de escoitar os vellos romances, mestura de galego e castelán, traídos polos antigos  seitureiros que saían traballar a Castela. As festas populares como os “ fiadeiros” e as súas melodías, imprimíronse nela a lume. Aínda que sempre influenciaron a súa maneira de compoñer, están agora atopando un protagonismo especial no seu traballo CANTOS DE TERRA E SAL, no que realiza versións fusión deses antigos cantares, así como dalgunhas cancións das máis coñecidas da súa terra, como Negra sombra, Camariñas ou  Lela, arranxadas por ela. Os cancioneiros da Limia, de Foxo, de Filgueira Valverde, toman nova vida nestas cancións, interpretadas na maneira ecléctica e sen fronteiras que caracteriza o traballo da cantora.

Deixar unha resposta